Télécharger la présentation
La présentation est en train de télécharger. S'il vous plaît, attendez
1
HISTORIA DA INFORMÁTICA
2
AS ORIXES A orixe da informática hai que buscalo no comenzo do desenrolo de métodos de cómputo ou cálculo por parte do home e o inxenio de diversos personaxes históricos, uns avanzados para o seu tempo e outros que atopaban inspiración nos seus devanceiros.
3
Máquinas que facían operacións
1583 Joan Napier Rodíllos de Napier, servían para multiplicar Blaise Pascal Máquina de engranaxes que sumaba e restaba Gottfried Wilheim von Leibinitz Máquina que fai as catro operacións básicas.
4
As máquinas e os sucesos que van conformando o gran soño
• 1725 Basil Boucho Desenvolveu o seu telar, controlado por ocos nun papel (só cunha fila de agullas). • 1794 O reverendo Chappe Desenvolve o telégrafo • 7 de Abril de 1795 Sistema Métrico Decimal Europa adóptao (ata fai só algúns anos non utilizado en EEUU, Canadá, Gran Bretaña e Irlanda, estes 2 últimos obrigados a utilizalo dende o 2 de outubro de 1995.)
5
• 1795 N. J. Conté Desenvolve o lapis de grafito
• 1795 N.J. Conté Desenvolve o lapis de grafito. • 1800 Alejandro Volta Desenvolve un sistema capaz de dar enerxía eléctrica de forma constante, “a pila eléctrica”. • 1801 Joan Marie Jacquard Perfecciona o telar de Boucho. O seu telar controla 1200 agullas As agullas son controladas por tarxetas perforadas. Xeneralízase o uso da lanzadeira.
6
• 1820 Charles Babbage. Deseña o motor analítico e fai un retrato de Jacquard con tarxetas perforadas, en medio metro de tela de seda, considerase perfecto. • 1829 Louis Braille Deseña o código Braille de comunicacións. • 1844 (24 de Maio) Samuel Morse Crea o código de barras e puntos, o seu primeiro mensaxe foi: What have God Wrought! (¡O que Deus fixo!)
7
Aparición e vida dos computadores
• Charles Babbage ( ) É considerado o auténtico pai dos ordenadores. Debido os numerosos erros que se producían no cálculo de taboas matemáticas, tivo a idea de crear unha máquina que executara ese traballo, eliminando o erro humano, e facilitando a tarefa de realizar operacións repetitivas. En 1822, presentou un proxecto para o desenrolo dunha máquina diferencial, capaz de resolver polinomios de segundo grao mediante un método numérico diferencial que acabou abandoando polos problemas ocasionados na fabricación das pezas e os seus ocasionales cambios de deseño para intentar merllorala máquina.
8
En 1833, Charles Babbage centrouse nun novo proxecto: unha máquina que tivera un propósito xeral, capaz de resolver múltiples problemas matemáticos, chamaríaa máquina analítica. Funcionaba a vapor e constaba dun mecanismo de entrada e saída mediante tarxetas perforadas basadas no modelo de Jacquard. Charles Babbage finou sen terminar de construir o seu gran invento, pero as suas ideas e diseños sentarían as bases para o desenrolo, décadas despois, dos ordenadores modernos.
9
• Lady Ada Augusta Byron, Condesa de Lovelace (Filla de Lord Byron) ( ) Fascinada polo traballo de Baddage, participou no patrocinio e promoción da máquina analítica, para a que escribiu diversos programas de resolución de ecuacións trascendentes e integrais definidas. De este modo considerase Ada Byron como a primeira programadora de ordenadores do mundo. Na sua honra chamouse Ada á linguaxe de programación multipropósito desenvolta en 1979 a instancias do Departamento de Defensa dos Estados Unidos.
10
• George Boole (1815-1864), matemático e filósofo británico
• George Boole ( ), matemático e filósofo británico. Fixo público en 1854 un estudo sobre as leis do pensamento nas que se basan as teorías matemáticas da lóxica e a probabilidade, aplicando símblos á operaciones lóxicas estructurados según a álxebra convencional. Surxe así a álxebra da lóxica (álxebra de Boole), que no século seguinte sería aplicada na construcción de ordenadores e circuitos. • 1874 Antonio Meucci - Alexandre Graham Bell patenta o teléfono en En 2002 descúbrese que o autor foi o Italo-americano Antonio Meucci.
11
• 1886 Herman Hollerith ( ) Desenvolveu un sistema de cómputo automatizado deseñando unha máquina que utilizaba tarxetas nas que se representaba a información mediante perforacións, que eran detectadas pola máquina, clasificando debidamente a información según a lóxica de Boole. En 1896 fundou a súa propia compañía, Tabulating Machine Company, despois de varios cambios de mans toma o nome de International Business Machines (IBM).
12
• 1906 Lee Forest Crea o tríodo • 1925 Logie Baird Inventa a televisión • 1928 Dr. Vannevar Bush Desenrola o calculador diferencial • 1937 Alan Mathison Turing ( ) Crea unha máquina teórica capaz de transformar nunha cinta de papel, operacións elementais, previamente definidas, en símbolos. Prácticamente ó mesmo tempo, nos EEUU, Alonzo Church ( ) deu a coñecer o cálculo “lambda”, un traballo equivalente, nacendo así a Tesis de Church-Turing. De este xeito, Turing e Church son considerados unhos dos pais da Ciencia da Computación e a Intelixencia Artificial.
13
Primeiras Computadoras
• Z1 (1938) Basándose nos fundamentos de Turing, o enxeñeiro alemán Konrad Zuse ( ) construíu en 1938 a Z1, un prototipo de computadora electromecánica de sistema binario que podía ser programada de maneira limitada e que usaba relés eléctricos para automatizar os procesos, lendo as instruccións dunha cinta perforada. Non chegou a funcionar correctamente debido á imperfección dalgunhas das suas pezas mecánicas.
14
• Z2 (1940) En 1940 concluíu a construcción da Z2, modelo perfeccionado con relevadores telefónicos. • Z3 (1941) En 1941 creou a Z3, que dispoñía dunha memoria de 64 palabras, un procesador con dous rexistros, unha unidade de lectura de cinta perforada e unha unidade de control, que decodificaba unha instrucción lida na cinta perforada e transfería estos datos dentro da máquina e os dispositivos de entrada/saída. No bombardeo aliado sobre Berlín en 1944, a Z3 orixinal foi destruida. En 1950, Zuse realiza a primeira venta dun ordenador da historia, o modelo Z4.
15
• 1937 HowardAiken, IBM, Universidade de Harvard - Comezase o MARK I, máquina capaz de facer operacións de secuencia fixa, controlada por unha cinta perforada. - Media 9 metros de largo e 2 de alto, pesaba 5 toneladas. - Tiña compoñentes e 400 Km. de cables. - Ofrecía 60 rexistros para constantes, 72 rexistros de almacenamento para adición. - Unha central de multiplicación e outra de división. - Podía calcular algunhas funcións elementais como logaritmos e senos, - Podía manexar 23 díxitos de números decimais, executar sumas en 0,3 segundos e multiplicacións en 3. - Necesitaba un minuto e medio para determinar logaritmos con 20 lugares decimais. - Foi rematada en Harvard no 1944.
16
Nun principio o MARK I chamábase ASCC (Calculadora Automática de Secuencias Controladas).
Cando en 1944 foi posta en pleno funcionamento usouse para o cálculo de taboas de balística durante o fin da Segunda Guerra Mundial.
17
• ABC 1937-38 JohnVincentAtanasoff(Iowa StateCollege), ClifordBerry.
Crean o computador ABC (Atanasoff-BerryComputer), usaron válvulas de vacío(bulbos) para almacenar datos e facer operacións. Foi a primeira máquina de calcular dixital totalmente electrónica. - Innovacións do ABC O ABC foi o primeiro en implementar tres conceptos claves presentes nos ordenadores modernos: - Uso do sistema binario para representar tódolos números e datos. - Realizaba todalas operacións usando a electrónica no lugar de rodas . - A computación estaba separada do sistema de almacenamento ou memoria. Ademáis usaba memoria rexenerativa, do mesmo modo que a DRAM dos ordenadores actuais.
18
• Colossus Mark II En febreiro de 1944, un proxecto secreto británico derivou na construcción do Colossus, un ordenador dixital destinado a ler e descifrar os códigos alemáns creados pola máquina encriptadora “Enigma” que envíaba instruccións ó frente. Ata enton non se encontrara un sistema de descifrado eficaz contra a máquina alemana. Colossus foi diseñado polo enxeñeiro británico Thomas Harold Flowers ( ) e estaba composto nun principio por bulbos electrónicos, un lector fotoeléctrico que recibía os datos mediante unha cinta perforada, unha memoria de cinco caracteres de cinco bits, a sua velocidade de proceso era de hercios e empregaba o sistema binario. Tiña unhas medidas de 2,25 metros de alto, 3 metros de longo e 1,20 metros de ancho. Ata o fin da guerra construironse varios modelos máis de Colossus, contando coa participación de Alan Turing.
19
Tarxeta perforada co código que descifraba o Colossus
20
1ª XERACIÓN • ENIAC (1946) O ENIAC era un ordenador electrónico dixital con fins xerais a gran escala. Foi na súa época a máquina meirande do mundo, composto duns bulbos que sustituán ós relés, conseguindo maior rapidez na resolución de problemas. Tiña unha velocidade de reloxo de 100 Hz. Saíu á luz pública o 14 de febreiro de 1946, aparecendo na prensa con calificativos como “cerebro electrónico”, “Einstein mecánico“ ou "Frankenstein matemático“.
22
Avances da 1ª xeración • 1946 UNIVAC.
-Primeira computadora non deseñada cun propósito militar. • 1948 Os laboratorios Bell crean o MODEM. • 1953, Serie 701 de IBM -Primeiro computador fabricado en serie. • 1954 John Bacus -Crea a linguaxe de programación FORTRAN (Acrónimo de FORmulaTRANslator) • 1959 Serie 1401 -Primeiro computador con transistores, levaba -Uso de impresoras de cadea, 600 liñas por minuto.
23
2ª Xeración Considérase o inicio en 1958 coa sustitución dos tubos de vacío polos transistores, debido á gran diferencia das suas prestacións. Durante esta época introduxéronse as unidades de cinta e discos magnéticos, e as lectoras de tarxetas perforadas e impresoras de alta velocidade. Así mismo apareceron algunhas linguaxes de programación: COVOL (1959), Algol (1960) e o LISP(1962). En 1963 o Comité Estadounidense de Estándares (ASA, que en 1969 tomaría o nome de ANSI) aproba o código ASCII, un código que permite o intercambio de información entre máquinas de diferentes fabricantes.
24
Comparación dun transistor cunha válvula de vacío.
Discos magnéticos Lector de tarxetas perforadas.
25
3ª Xeración Considerase como o inicio da terceira xeración o ano 1964, cando o 7 de abril preséntase o IBM S/360, construido cun circuito integrado de pequena escala, dedenrolado por Jack St. Claire Kilby en Tiña a capacidade de realizar tanto análisis numéricos como administración e procesamiento de archivos, dotando á máquina de capacidade de multiprogramación, ó permitir executar mais dun programa simultáneamente.
26
• 1965 O cohete Saturno leva a misión Apolo controlado con IBM 360 • 1968 Robert Noyce e Gordon Moore fundan Intel Corporation. • 1972 SeymourCray considera que o software podería ser mais potente por medio do procesamento en paralelo. • 1973 Cabezais flotantes en discos. Aparece o sistema 3340 unidade de discos con cabezais flotantes a 45 milésimas de milímetro. • 1973 O presidente de Intel, Gordon Moore, postula a famosa lei de Moore que predecía que o número de transistores nas CPU se duplicarían cada 18 meses, teoría que se foi cumplindo durante mais de 20 anos.
28
4ª Xeración A cuarta xeración de ordenadores considerase iniciada coa aparición do microprocesador Intel 4004. En 1974, a empresa estadounidense Intel Corporation presentou o modelo de microprocesador 8080 que foi o cerebro do primero ordenador personal (PC), o Altair 8800, fabricado pola compañía MITS . A primeira linguaxe de programación para a máquina foi o Altair BASIC, escrito por William Henry Gates e Paul Allen, quenes en 1975 fundarían Microsoft.
30
• 1972 Nolan Bushnell funda Atari e presenta " Pong ", o primero
video xogo posto á venta. • Bill Gates e Paul Allen conceden lincencia do seu programa"Basic " para o PC Altair. Tratase dun dos primeros programas deseñado para PC que tivo mais repercusión. • Xullo 1975: Bill Gates e Paul Allen presentan a versión a 4K e 8K do " Basic v2.0". • Steve Wozniak e Steve Jobs crearon o ordenador " Apple I ". • IBM presenta a primera impresora de chorro a tinta.
31
5ª Xeración • 1981 IBM presenta "IBM PC" ( Personal Computer ). Vendéronse mais de unidades nos primeiros 4 meses. • 1981 Microsoft presenta " MS-DOS " ( Microsoft Disk Operating System ) un programa básico para o novo IBM PC. • 1981 Adam Osborne crea o primeiro ordenador portatil, o " Osborne I ", que se vendía por dólares. • 1982 Satellite Software International presenta " Word Perfect ".
32
• 1983 A privatización masiva que estaba sufrindo o software na época, levou a Richard Matthew Stallman a desenvolver, a partir de 1983, un proxecto de creación e difusión de software libre, denominado GNU. A sua finalidade era o desenrolo dun sistema operativo totalmente libre. • 1984 Apple Computer anuncia " Macintosh 18k ", o primeiro ordenador controlado por ratón que tivo éxito, cunha interfaz gráfica. • 1984 Philips e Sony anuncian unidades CD-Rom para Pc.
33
Pero tamén aparecen os problemas
• Os virus O nome de virus debémosllo o Dr. FredCohen, quen presentou unha ponencia en setembro de baixo do título "Computer viruses: Theory and Experiments" , e definiu os virus como "software maligno capaz de reproducirse a si mesmo". • Os vermes O primeiro verme como tal, debémosllo a JohnF. Scoch, do Centro de Investigación de Rank Xerox en PaloAlto,California. • Os Cabalos de Troia Son programas que se infiltran no sistema coa finalidade que o deseñador decida. Usa o seu nome CliffordStoll, autor do “Ovo do Cuco”, e descubridor do primeiro Hacker.
34
Os feitos sucédense • Xaneiro de 1987 Aparece o chip de 1 Millón de bits. • Xuño de 1989 Aparece o chip de 4 millóns de bits. • Outubro de 1992 FujitsuVPP550, velocidade 355 Gigaflops. • Febrero de 1999: Intel presenta su Pentium III a 500 Mhz. • 15 de Setembro de 2000 Anuncia Nokia o chip de 4 Gb. • 15 Agosto de 2001 (15 Xuño 2001 en privado) IBM e o D.Enerxia de EEUU crean ASCI White e rompen a barreira dos 12,3 TF.
35
E xorden os Sistemas Operativos
En novembro de 1985 aparece a primeira versión do sistema operativo Windows (1.0), que posibilitaba o uso dunha interfaz gráfica para os PC‘s de IBM, que desde facía un ano xa ofrecían os modelos Macintosh (Mac) de Apple. Microsoft continuou lanzando ó mercado sucesivas versións do sistema operativo, como Windows NT (1992), Windows 95 (1995), Windows 98 (1998), Windows 2000 (2000), Windows XP (2001) e Windows Vista (2007).
36
O desenrolo, por parte do enxeñeiro informático finlandés Linus Benedict Torvalds do sistema operativo Linux, de libre acceso, supuxo un marco para o movemento do software libre. O sistema segue en uso actualmente gracias, sobre todo, ás constantes melloras e cambios do código por parte dos programadores de todo o mundo, surxindo así tamén diversas versións.
37
Nace así unha nova era de comunicación para a humanidade.
O outro feito digno de mención dese ano foi a presentación pública do sistema global de hipertextos iniciado polo físico inglés Timothy John Berners-Lee mentras traballaba en proxectos de investigación na CERN de Xenebra (Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire, consello europeo para a investigación nuclear), chamado world wide web desenvolvéndose así Internet tal e como o conocemos hoxe en día. Nace así unha nova era de comunicación para a humanidade.
38
SUPERORDENADORES • JÜLITH BLUE GENE/L
Esta no Laboratorio Lawrence Livermore. Fórmano procesadores. Realiza 360 TFLOPS (imaxinar de flops). Ten unha superficie coma a metade dun campo de tenis É moi eficiente pois o consumo é de “só” 1,6 MW Traballa a 46 billóns de operacións por segundo
40
•IBM Roadrunner Esta no Laboratorio Nacional Los Álamos en Nuevo Mexico. Ten un rendemento óptimo de 1026 petaflops. Está equipado con mais de procesadores tipo PowerXCell 8i mellorados, diseñados orixinalmente para a videoconsola Sony Playstation 3, colocados en paralelo e 6912 procesadores Opteron de AMD, unidos mediante 92 km de fibra óptica e un sistema triblade con InfiniBand. En total ocupa aproximadamente m2 O Roadrunner funciona baixo o sistema operativo Red Hat Enterprise Linux e o software de computación distribuida xCAT. Con un consumo estimado de tres megavatios, o seu coste foi de 133 millons de dólares. Dedicase a actuar como patrón de seguridade do arsenal de armas nucleares dos Estados Unidos, ademais do estudo de problemas relacionados co clima, a astronomía ou a genómica.
Présentations similaires
© 2024 SlidePlayer.fr Inc.
All rights reserved.